Nas conversas previas, os responsables de Acordar identifican as necesidades do cliente. O equipo de traballo, formado por programadores, deseñadores e xornalistas realiza unha interpretación desas necesidades, adaptándose a elas e buscándolle a mellor solución. O informe resultante preséntaselle ao cliente por escrito.
Trala presentación, defínense as dúbidas e as emendas que o cliente desexa facer. Co proxecto definido comezamos a traballar no orzamento, na proposta gráfica e na definición da personalidade da web. Cando estes tres elementos se aceptan comeza o desenvolvemento do proxecto, para o que se nomea un único responsable e interlocutor en Acordar.
Todos os traballos se realizan sobre un servidor en probas dotado dunhas claves para que o cliente poida en todo momento ver a situación do proxecto. Unha vez rematado, téstase toda a web e, co visto e prace do cliente, publícase.
Para os servicios de mantemento, na procura da confianza do cliente, desígnase para cada proxecto un só responsable. Iso si, detrás del está todo o equipo de Acordar, formado por deseñadores, programadores e xornalistas, para resolver con rapidez e eficacia as actualizacións da web.